Publicacións

EMOCIONÁNDONOS

Imaxe
Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro nos Bos Días Cole estivemos tratando as emocións. Das actividades que fixemos destacamos " Dados e Historias " e  " Os Rincóns das Emocións" . Na primeira tivemos que elaborar toda unha serie de marionetas, un dado con emocións e outro con situacións para inventar diversas historias nas que falar da tristeza, alegría, asco...  Por outra banda cos rincóns cada neno/a fixo un debuxo que representase unha situación da súa vida, a cal lle producise unha determinada emoción. Todo isto deunos pé a facer múltiples asambleas e charlar moito entre nós. Ademais tamén levamos de viaxe a "Manchiñas" por diferentes casas a vivir emocionantes aventuras. Por outra banda, tamén festexamos o día da Paz e, por suposto, o Entroido, cun photocall no que os nenos e nenas o pasaron en grande cos accesorios feitos por eles mesmos.

Feliz Nadal

Imaxe
Esperamos que pasedes unhas moi felices festas e un feliz 2020. Aquí vos deixamos unha mostra das dous principais temáticas traballadas nestas últimas semanas: a igualdade de xénero e o nadal. Por unha banda, fixemos dinámicas e obradoiros de igualdade e pola outra, decoramos o noso espazo con motivos navideños. Os máis peques tiveron o contacontos de "Rosa Caramelo" e as nenas e nenos de primaria elaboraron unha campaña en contra da violencia de xénero a vez que  traballaron nunha dinámica de igualdade, ca que se deron conta que non hai profesións exlusivamente de homes nin de  mulleres. Vémonos a volta das vacacións!!!

FELIZ SAMAÍN!

Imaxe
Nestes días estivemos preparando toda a decoración do Samaín no comedor e, tamén,creando variados monstros cos que creamos unha entretida historia. Nela conseguimos ir atrapando a todos os monstros inventados polos nosos pequenos e pequenas para, o final da historia, converter en  aspectos positivos todas as súas travesuras. Agardamos que teñades unha feliz ponte e un Samaín do máis divertido!! Ata pronto!!

Experimentos

Imaxe
No último mes de curso, os máis madrugadores adicámolo a facer xogos de pistas e experimentos. Aproveitando as mañás de sol tamén salimos o patio a xogar. Chegado este punto solo nos queda agradecer todos e todas por facernos as mañáns máis amenas a pesar de ter q madrugar.                Grazas de corazón e bo verán......  XOGANDO METER OVO EN BOTELLA                                                            O CLIP Q FLOTA

TO DANCE

Imaxe
As mañáns deste mes foron moi divertidas e pasámolo en grande bailando Just Dance e Zumba. Ademais fixemos un domino musical e divertidos xogos musicales.

Superheroínas

Imaxe
Este mes,nos bos días estivemos traballando a figura heroica de mulleres representativas en diferentes ámbitos. Investigamos sobre Frida Kalho,Teresa de Calcuta,Grace Kelly,Pilar Miró..... Os nenos/as elaboraron en tendal cas profesións das súas mamás e fixéronlle unha pequena enquisa sobre esta. Os maiores explicaron porque as mamás son as superheroínas.

PRIMAVEIRA NOS BOS DIAS

Imaxe
Coa chegada da primaveira e bo tempo,os máis madrugadores quixeron poñer un pouco de cor as mañáns. Tampouco nos podemos esquecer do importante que é a prevención de accidentes e primeiros auxilios dos bos días cole.